
O acto conmemorativo contou coa presenza, entre outros, dos presidentes da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol
24 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O pobo de Valga honrou e enxalzou onte a figura do seu historiador e investigador Xesús Ignacio Ferro Couselo co gallo do seu 50.º cabodano. No adro da igrexa de Santa Columba de Louro, o alcalde, José María Bello Maneiro, e Pablo Sánchez, neto de Ferro Couselo, loaron a figura do intelectual nun acto que contou coa presenza tamén de membros da corporación municipal, coa directora territorial da Consellería de Cultura e Lingua, con familiares e achegados do finado, cos presidentes da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol e con alumnado e profesorado do colexio que leva o nome do homenaxeado.