Medio Rural e Martín Códax afondan na súa colaboración para impulsar a vitivinicultura
CAMBADOS / LA VOZ
AROUSA

A consellería subliña que a denominación Rías Baixas acadou o ano pasado un valor económico superior aos 233 millóns de euros
21 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantiveron este martes unha reunión en Santiago co presidente e o director xeral de de Bodegas Martín Códax, Xoán Allegue, e Juan Vázquez. O encontro serviu para afondar en vías de colaboración a prol do sector vitivinícola galego nos eidos da produción, comercialización e promoción. O departamento automómico quixo salientar que Rías Baixas, denominación á que pertence a adega cambadesa, acadou o ano pasado un valor económico superior aos 233 millóns de euros.»