21 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
As Centolas e Centolos do Breogán do Grove veñen de se proclamar o equipo rei no Campionato Galego de Barco Dragón sobre 200 metros.
No complexo turístico deportivo do Corgo, no concello ourensán de Muíños, o club meco competiu con sete tripulacións, facéndose cos títulos nas categorías Muller Sénior DB12, Muller Veterana DB12, Open Sénior DB12, Open Veterano DB12 e Open Veterano DB22. Ademais, o barco Mixto Veterano DB12 foi subcampión.
En total, foron 26 os padexeiros do Breogán do Grove que se alternaron nas diferentes tripulacións ao longo do programa de competición do Campionato Galego de Barco Dragón sobre 200 metros.