Fernando Quintela inaugura as súas «Introspeccións» pictóricas na sala do auditorio
VILAGARCÍA / LA VOZ
AROUSA

O creador vilagarcián amosa unha colección da súa obra máis recente este xoves, a partir das oito do serán
19 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Na pintura, coma en calquera outra arte plástica, hai un elemento de creación e outro de contemplación. Este serán, Fernando Quintela somete a público escrutinio a súa máis recente colección de obras.
Baixo o título Introspeccións, Quintela presenta unha serie de traballos realizados, na súa meirande parte, entre os anos 2023 e 2024. O formato medra na mesma medida que o pincel afía a súa capacidade para suxerir paisaxes anímicas. Moitas delas, nacidas no solpor das tardes interminables da mocidade. A cita concértase esta tarde, ás oito da tarde, na sala de exposicións do auditorio de Vilagarcía.