
Os nacionalistas denuncian que o Sergas non está a cubrir as baixas e as vacacións ao ritmo preciso
22 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Se o goberno municipal alertaba esta semana da situación «crítica» que atopa na cobertura sanitaria de Meis, onte foron os membros do BNG quen alzaron a voz para denunciar a falta de médicos que garantan unha atención acaída á realidade e ás necesidades dos veciños do concello arousán. Fixérono a través dunha campaña de recollida de sinaturas, que recalou en Mosteiro. De acordo coa denuncia que os nacionalistas poñen enriba da mesa, nin as baixas nin as vacacións estanse a equilibrar, algo que afecta tanto ao centro de saúde do propio Mosteiro coma o servizo que funciona en San Martiño.