O BNG propón que os bancos de Vilagarcía sexan repintados coas cores LGTBI
VILAGARCÍA / LA VOZ
AROUSA

Os nacionalistas queren que a capital arousá asuma un compromiso firme na defensa da diversidade
24 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O informe Análise, datos e recomendacións para o recoñecemento da diversidade en Galiza, elaborado no seo do Consello da Cultura Galega, alerta sobre o avance da fobia cara o colectivo LGTBI. Ata o punto de que a inmensa maioría dos colectivos que representan á comunidade consideran que os centros educativos non son espazos seguros. De feito, calcúlase que máis do 80 por cento das agresións nunca se denuncian. O BNG de Vilagarcía quere ir alén de conmemoracións puntuais coma a do orgullo do 28 de xuño para propor que os bancos da cidade sexan repintados coas cores da bandeira LGTBI, o mesmo que chanzos de escaleiras ou os grafitos do futuro skate park do Cavadelo.