Os grovenses Lara Lois e Jorge Aguín gañan o Autonómico de XCO en Ribadumia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

FGC

Impuxéronse con enorme autoridade nas instalacións e na contorna de Kiwi Atlántico

24 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A quinta edición da XCO Kiwi Atlántico serviu o pasado sábado tamén de Campionato Galego da disciplina olímpica do ciclismo de montaña. E nas dúas categorías raíñas, a elite masculina e a feminina, o triunfo foi parar, de maneira incontestable, para dous bikers do Grove. Na masculina, Jorge Aguín, corredor do Supermercados Froiz, gañou en 1 hora, 44 minutos e 4 segundos, sacándolle máis de cinco minutos ao segundo e campión sub-23, Ricardo Buba (Coruxo). Lara Lois, do RG Bikes Scott, entrou nove minutos e medio antes ca Aroa Otero, subcampiona absoluta e campioa sub-23.