O Concello do Grove promove unha actividade gratuíta de taichi durante o verán

l. castro O GROVE / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

As sesións levaranse a cabo dous días por semana en horario de tarde

25 jun 2025 . Actualizado a las 12:25 h.

O Concello do Grove vén de anunciar unha nova actividade deportiva dirixida aos cidadáns para os vindeiros meses de xullo e agosto, que será ademais de carácter gratuíto. Trátase de clases de taichi, que se levarán a cabo dous días á semana. As sesións serán os martes e os xoves, de oito a nove da tarde, nas dependencias do antigo Colexio das Monxas.

Segundo informan desde o goberno local, a actividade está aberta a todas as persoas que ou ben queiran iniciarse nesta práctica, ou que xa teñan impartido clases desta arte marcial que ten como obxectivo recuperar o equilibrio interior e moverse de xeito consciente. Dende o Concello convidan á veciñanza de todas as idades a aproveitar esta oportunidade para practicar hábitos saudables e descubrir unha proposta que promove o benestar físico e emocional a través do movemento consciente e a práctica en grupo durante a época estival.