A Illa fomentará a lectura nos venres de xullo e agosto con «Contos á sombra»

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Presentación do programa «Contos á sombra», este martes no xardín das Mulleres da Conserva
Presentación do programa «Contos á sombra», este martes no xardín das Mulleres da Conserva MARTINA MISER

A actividade está aberta a todas a idades e desenvolverase no Xardín das Traballadoras da Conserva

24 jun 2025 . Actualizado a las 21:26 h.

Na biblioteca A Illa de Arousa seguen innovando e buscando fórmulas para fomentar a lectura, tamén durante o verán. A súa última proposta é «Contos á sombra», dirixida a familias e á comunidade educativa, que se desenvolverá no Xardín das Mulleres Traballadoras da Conserva. A cada grupo participante entregaráselle un kit que inclúe unha manta para sentarse e ler comodamente no chan.

«Contos á sombra» desenvolverase os venres 4 e 11 de xullo e 1, 8 e 22 de agosto en horario de 11.30 a 12.30 horas e está pensado para todas as idades, de feito, un dos obxectivos e promover a interación entre nenos e adultos cunha actividade cultural relacionada coa lectura.

Unha vez rematada a sesión ofrecerase un pincho aos presentes grazas á colaboración de varias empresasConservas Dardo, Conservas Galica, pasteleria Á Praza, supermercados Froiz, Conservas Vengarco, Illa Nieto exclusivas S. L—, «contribuíndo así á dinamización do comercio de proximidade», segundo informan desde o departamento de Cultura, que onte presentou á actividade.