
Os nacionalistas lembran as demandas do Cordeiro CF sobre o grave deterioro que sofren os terreos de xogo
02 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O BNG de Valga pediu na celebración do último pleno que se actúe de inmediato para garantir unhas instalacións deportivas seguras e dignas no concello e esixiu ao goberno municipal que atenda ás demandas do Cordeiro CF, que reclama solucións ante o grave deterioro que sofren os terreos de xogo .
O club fala dos dous campos de fútbol artificial de Campaña e o campo de herba natural de Baño. Onde reclaman que se atenda os problemas de salubridade dos baños, as deficiencias da calefacción e a auga quente, a mellora da iluminación, a instalación de un novo céspede artificial e novos sistemas de drenaxe.
A maiores, o BNG tamén menciona o abandono do campo de pádel de Campaña, que non se pode usar en horario nocturno pola falta de iluminación, e das pistas polideportivas do Monte de Beiro, onde non hai un programa de mantemento, o que as levou a un estado de total abandono que as convirte nun lugar non apto para a práctica do deporte.
Nos campos de Campaña non só xogan os máis de 200 rapaces dos equipos do Cordeiro CF, senón que tamén se disputa o campionato de fútbol de veteranos de Valga e organízanse escolas deportivas de verán. Polo que se converte nun problema que afecta a moitos dos veciños de Valga.