A oficina de turismo recibe a preto de 1.000 visitantes en xullo

maría santamaría / R. E.

AROUSA

Martina Miser

A maioría deles procede de países como Estados Unidos ou Italia

08 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ribadumia anunciou que, segundo os datos recompilados pola Oficina de Turismo municipal, este xullo recibiu un 6,34% máis de visitantes que neste mesmo mes do ano pasado.

Un total de 989 persoas pasaron pola Oficina de Turismo, das cales un 2 % viñan dende distintos puntos de Galicia, un 26 % procedían doutros puntos de España e o 74 % eran visitantes internacionais. Dentro destes destacan os que veñen de Estados Unidos, Portugal ou Italia.

Se falamos do motivo do turismo, a maioría eran peregrinos, mentres que o 8 % eran turistas e o 1% excursioinistas dun día.