A festa da Casa Vella celebraráse este sábado en Campaña

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

Actuarán M80 e o grupo local Satenta

17 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa Vella, en Campaña, leva 44 anos empeñada en aportar o seu gran de area a encher de atractivo o verán cultural de Valga. Este sábado os actos comezan co pregón, que correrá a cargo do xornalista padronés Iker Cotón Méndez, que tamén é fundador da peña celtista Baixo Ulla. Actuarán pola noite M80 e o grupo local Satenta. Non faltarán os fogos de artificio.