Néstor Rego acude ao Grove para celebrar o Día da Patria

l. castro O GROVE / LA VOZ

AROUSA

LETICIA CASTRO

O voceiro aproveitou para facer un repaso do traballo realizado polo equipo local a nivel institucional

22 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG do Grove celebrou o pasado sábado un acto aberto na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey coa vista posta en celebrar de xeito anticipado o Día da Patria na localidade, unha cita que contou coa presenza do deputado no Congreso, Néstor Rego, a quen acompañou sobre as táboas a deputada no Parlamento Galego Montse Prado e o voceiro do grupo na localidade, Anselmo Noia.

O voceiro aproveitou para facer un repaso do traballo realizado polo equipo local a nivel institucional mentres que Prado se centraba nos retos que están por vir para o nacionalismo. Néstor Rego fixo referencia no Grove á entrega da medalla de Galicia á Princesa de Asturias, «facendo un lavado de cara á monarquía», dixo.

Críticas

Rego estivo crítico non só coa coroa senón tamén cos partidos que forman parte do bipartidismo no Estado poñendo o foco na corrupción, reivindicando o traballo e a limpeza da súa forza política.

O deputado subliñou ademais o traballo que se está a levar a cabo en Galicia coa finalidade de «mudar o rumbo».