Unha nova edición da «Inchadiña branca vela» zarpa o sábado

G. B. BANDÍN / R. E. VALGA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Será a duodécima edición da homenaxe que se fai a Rosalía de Castro

22 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Un ano máis, Rosalía do Castro recibe a súa homenaxe coa «Inchadiña branca vela». O próximo sábado 26, ás 10 horas, unhas vinte embarcacións zarparán dende a ría de Arousa (Rianxo) ata o Ulla e o Sar.

Nesta nova edición organizada pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de Padrón, de Rianxo, de Catoira, de Dodro, de Rianxo e de Valga, presenta unha novidade: parte dos mariñeiros participantes uniranse ao percorrido dende a praia fluvial de Vilarello ás 16 horas. O percorrido rematará no Espolón de Padrón aproximadamente ás 18.30 horas, onde se realizará o acto.

O día anterior, venres 25 ás 19 horas, celebrarase outra homenaxe, nesta ocasión será en memoria de Castelao, a 75 anos do seu pasamento. O mesmo terá lugar diante da súa estatua en Rianxo, co izado de velas das embarcacións e a colocación dos remos en sinal de respecto.