Novo incendio en Meaño, desta volta en Cobas

María Santamaría / R. E. MEAÑO / LA VOZ

AROUSA

MARIA SANTAMARIA

O lume queimou media hectárea, comezou pasadas as tres e media da tarde e menos dunha hora despois a Garda Civil xa o daba por controlado

06 ago 2025 . Actualizado a las 19:59 h.

Este mércores, ás 15.45 horas a Garda Civil foi alertada da aparición dun novo incendio no Concello de Meaño, concretamente en Cobas. O lume comezou xusto debaixo do viaducto Rego de Fofán, o que fixo que o fume dificultara levemente a visibilidade dos conductores e segundo o alcalde do concello, Carlos Viéitez, queimou media hectárea.

Sobre as 16.15 horas os axentes alí presentes xa daban por controlado o incendio, mentres que o persoal de loita contra o lume seguen a traballar e un helicóptero facía viaxes continuas dende a ría cara o lugar, con auga. A zona está moi preto das casas e moitos dos veciños saíron para ver a magnitude do sucedido, ao tempo que outros, de casas máis alexadas, gravaban có teléfono o fume e o helicótero.