Antón Patiño desprega a súa cartografía simbólica en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A. T.

09 ago 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Un dos grandes renovadores da arte plástica e a cultura visual en Galicia, Antón Patiño, asina na sala Antón Rivas Briones «Cartografía simbólica». Aínda que pareza mentira, dados os seus vencellos tanto emotivos coma creativos con Carlos Berride ou Jorge Agra, a súa primeira exposición individual en Vilagarcía. Con todo merecemento, a mostra do ano na cidade. A inauguración contou cunha posta en escena á altura, co violín Helena Rodríguez Oubiña, a voz de Loli Crespo e a arpa de Clara Pino e as reflexións de Alberto Avendaño, compinche dende os tempos do colectivo Rompente. Ata o 21 de setembro. Que non pase desapercibida.