O BNG pedirá no Senado que o Adif dote o novo viaduto de Valga de vías para os peóns

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Foron os propios veciños os que fixeron chegar as súas demandas á agrupación nacionalista

06 sep 2025 . Actualizado a las 07:49 h.

A senadora do BNG, Carme da Silva, rexistrará na Cámara Alta unha iniciativa esixíndolla ao Adif que habilite beirarrúas e espazos para o desprazamento dos peóns no viaduto de Castiñeiras, tal e como recollía o proxecto da infraestrutura inaugurada esta semana.

Fran Devesa, concelleiro do BNG en Valga, comprobou in situ a ausencia de espazos seguros para a circulación das persoas tras recibir as queixas da veciñanza o mesmo día que varios concelleiros do goberno local do PP visitaron xunto a representantes da empresa adxudicataria as obras anunciando a súa conclusión.