Valga converterase o martes 16 no primeiro escenario do programa Baila con nós

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Alecrín prevé establecer unha proposta permanente de baile como actividade saudable para todos cunha cota de 25 euros mensuais

11 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Valga será a primeira parada da nova edición de Baila con nós, iniciativa da asociación cultural Alecrín que busca difundir o baile como actividade saudable, individual e social.

O programa foi presentado na Casa do Concello polo director de Alecrín, Francisco Muñiz, xunto á segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o edil de Cultura, Pedro Calvo. A cita será o martes 16 na Casa da Cultura con dous obradoiros gratuítos: ás 20 horas un taller de Linedance aberto a quen queira iniciarse en ritmos como swing, bachata ou funky; e ás 21 un de baile social, en parella, con estilos estándar, latinos e tropicais. A inscrición, para maiores de 16 anos, pode facerse no 698 150 432 ou en talleralecrin@gmail.com.

Logo de Valga, os obradoiros chegarán a outras localidades do Barbanza, do Sar e de Santiago. O obxectivo é chegar a conformar grupos para programar cursos estables: «Queremos dar continuidade a estes obradoiros cun programa máis denso, con moitos máis bailes e unha cota de arredor de 25 euros mensuais», avanzou Muñiz.