Fermín Muguruza, o faro que guiará a troula no segundo día do Revenidas

Antonio Garrido Viñas
antonio garrido VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Marta Perez | EFE

Sés e Talco tamén brillan na segunda quenda do festival de Vilaxoán

12 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Revenidas encara este venres 12 de setembro a súa segunda xornada e o gran protagonista será Fermín Muguruza, que chega a Vilaxoán despois de actuar en escenarios de referencia como o Movistar Arena de Madrid, o Palau Sant Jordi de Barcelona e o estadio de Anoeta en Donostia. O músico vasco, coñecido polos seus proxectos con Kortatu e Negu Gorriak, ofrecerá no Revenidas o seu último concerto en Galicia dentro da xira co que celebra corenta anos de carreira. A representación internacional completarase coa presenza de Talco, Sons of Aguirre & Scila, Les Testarudes, formación integrada por nove mulleres que mesturan ska, rocksteady e reggae, e Svetlana, dúo que combina electropop con influencias de EDM, house, rumba ou reguetón. O cartel complétase con J Martina, proxecto vasco-navarro de pop electrónico con referencias á música autóctona.

O festival reserva un lugar central para os artistas galegos neta segunda quenda. Baiuca, nun dos momentos máis destacados da súa traxectoria, presentará en directo Barullo, un disco que o situou como referente da electrónica de vangarda. Sés achegará o seu característico son e, pola súa banda, Seitura, cuarteto de punk rock do Val Miñor, ofrecerá un directo enérxico e cheo de forza. Tamén andará por alí, como todos os días, a música de A Duendeneta para que o persoal non pare de gozar.