Sabela Cores dálle ao Fontecarmoa o triunfo no Torneo Cidade de Santiago

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

17 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Xadrez Fontecarmoa desprazou a pasada fin de semana a un nutrido grupo de xogadores ao Torneo Cidade de Santiago, para volver co triunfo dunha das súas máis novas promesas, Sabela Cores. A vilagarciá impúxose no cadro feminino sub 8 do campionato, disputado nas rúas do Centro Comercial Área Central.

O sétimo e o oitavo postos de Liam Puceiro e de Asier Cores na mesma categoría de idade completaron a mellor nova para o CX Fontecarmoa, con César Oubiña quedando a medio punto de acceder ao podio final do open absoluto. O club arousán comeza a preparar o seu gran torneo, o Memorial Adolfo Pedrido, o día 27.