O club amósase moi satisfeito de poder conectar tan de preto con xente que sinte curioridade polo que fai
19 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Como todas as tardes dos venres desde que comezou o presente mes, o Club Xadrez Fontecarmoa sacará os seus taboleiros á rúa. Concretamente, á céntrica rúa Castelao de Vilagarcía de Arousa. O propósito dos responsables da entidade, a promoción e a visibilización do seu deporte e da actividade do club.
A directiva do CX Fontecarmoa amosa a súa satisfacción con esta iniciativa, por canto, sinala, a presenza de curiosos e de interesados en coñecer o xadrez é maior á doutras actividades, como os torneos ou as ligas, inda tratándose de competicións tamén abertas a todos os públicos. Desde o club engaden a maior proximidade á hora de falar coas persoas que se achegan ás mesas e a posibilidade de que calquera se sente a probar a mover as pezas por primeira vez nun ambiente completamente distendido.