
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou as instalacións da empresa vilagarciá
20 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou onte as instalacións da empresa vilagarciana Kemegal no polígono do Pousadoiro. A responsable do ente autonómico, integrado na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, puxo a firma arousá de exemplo de peme innovadora, cun impoñente historial de participación en programas como o Nexos. Este último, unha liña de apoio da Xunta de 28 millóns de euros cofinanciados pola Unión Europea, aberto ata o vindeiro luns e do que Kemegal participou, salienta, formando un consorcio coas empresas Coellos Cogal, Noresga e Pumar Instalaciones.