Música a flor de pel no CEE de Vilagarcía

La Voz

AROUSA

Serxio González

O músico e terapeuta Pedro Campos é o encargado de levar adiante un taller de musicoterapia dirixido aos docentes e equipos de apoio

23 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Música a flor de pel é un ciclo co que Afundación, a obra social de Abanca, leva microconcertos aos centros de educación especial de toda Galicia. Nesta ocasión, o lugar escollido para o inicio do programa foi onte o CEE de Vilagarcía. O músico e terapeuta Pedro Campos é o encargado de levar adiante un taller de musicoterapia dirixido aos docentes e equipos de apoio. Pero, sobre todo, ofreceu aos alumnos e ás alumnas das instalacións arousás unha actuación na que a música en vivo demostrou os seus beneficios para a xestión de emocións, a diminución de tensións, o desenvolvemento sensorial e o fomento da creatividade.