Vilagarcía acolle o seu festival de música folk no entorno do Valdés Bermejo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

As actuacións do Folk no Alobre trasladaranse á praza da Peixería no caso de choiva

28 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A previsión do tempo apuntaba poucas posibilidades de que hoxe chova en Vilagarcía. Así que, tras ser aplazado en dúas ocasións, o programa do Folk no Alobre segue adiante —se finalmente chovese, as actividades trasladaríanse á Peixería—. A xornada arrinca ás once da mañá, nos xardíns de Ravella, onde comeza un roteiro histórico que chegará ata o parque Valdés Bermejo e que estará guiado por Xurxo Souto. O percorrido estará amenizado coa música do grupo Os demos da petaca.

Contra a unha da tarde haberá sesión vermú coas Armadanzas Montse Rivera e Mercedes Prieto, que presentarán «Bailando coa lingua». A continuación terá lugar un xantar popular amenizado por grupos tradicionais. Ás catro da tarde haberá un obradoiro de iniciación ao baile tradicional e a partir das cinco comezarán os concertos, da man das Pandeireteiras Pésdebarro, Os demos da petaca, Malvela, Abril e Davide Salvado e Fransy González.