Abre o prazo de inscrición para a escola de teatro municipal da Illa

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

As clases impartiranse os xoves no auditorio municipal, en dous grupos diferenciados por idade

01 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A escola municipal de teatro da Illa de Arousa retoma a súa actividade unha temporada máis. As clases comezarán o xoves 9 de outubro e o prazo para inscribirse nalgún dos dous grupos ofertados xa está aberto.

As clases impartiranse os xoves no auditorio municipal en dous horarios distintos: a partir das sete da tarde para os asistentes menores de idade e a partir das sete e media para todos aqueles adultos interesados.

As inscricións poderanse realizar ben nas dependencias do Concello ou ben no propio auditorio, mentres sexa no día e os horarios estipulados para as clases.

Segundo Manuel Suárez, tenente de alcalde da localidade, a escola representa unha oportunidade para recibir «formación teatral de calidade e accesible para todos os públicos». Trátase dunha iniciativa que busca «fomentar e consolidar as artes escénicas entre a veciñanza de todas as idades».