Terra de Asorei, exemplo de empresa que colaboran coa promoción social do galego

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O Foro Entique Peinador celebrou na adega un acto sobre o papel que as firmas poden ter na difusión da lingua

19 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Foro Enrique Peinador, en colaboración coa Xunta, organizou onte na adega Terra de Asorei un acto sobre o papel que as empresas poden ter na promoción social da lingua galega. No mesmo estivo presente o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen destacou que actividades coma estas son «unha importante chamada á implicación do tecido económico co uso do galego no transcurso da súa actividade».

García fixo fincapé en que «a dinamización da lingua dentro das empresas supón unha importante ferramenta para afianzar o compromiso co idioma». E puntualizou que o empresarial é un dos eidos nos que se centra unha das once mesas sectoriais que, compostas por expertos en diversas materias, traballan na actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega. «Se pon o foco en moi distintos eidos e sectores para prestixiar o idioma», concluíu García.

A xornada tivo lugar na adega Terra de Asorei, unha empresa á que se lle agradeceu a súa implicación no fomento da lingua galega nos envases das súas diferentes marcas comerciais dos viños que elaboran e que se exportan a máis de vinte países de todo o mundo.