A cita será as oito da tarde no auditorio
04 nov 2025 . Actualizado a las 18:01 h.O legado do pintor, deseñador e ceramista, Isaac Díaz Pardo chega a Vilagarcía da man do seu fillo, Xosé Díaz Arias de Castro, que capitaneará o coloquio «A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo». A cita será este venres na sala de conferencias do Auditorio, a partir das oito. A actividade está organizada pola Academia Galega de Belas Artes, que este 2025 decidiu render tributo ao artista polo Día das Artes Galegas. O coloquio contará coas intervencións do académico Xurxo Lobato e do alcalde, Alberto Varela.