La casa con balas de paja en Vedra: «Os nosos fillos xa din que os tres porquiños non sabían construír»
SANTIAGO
Es una de las pocas casas de Galicia que opta por este material. La vivienda, que los dueños autoconstruyen, se basa en madera, paja y barro. «Coa palla, salvo algunhas limitacións, son todo vantaxes», explican sus promotores. «Gústanos o feito de que, no caso de termos que mudar, que sexa unha casa biodegradable», estiman
22 nov 2025 . Actualizado a las 08:10 h.El monfortino Breogán Udías y la santiaguesa Natalia Fernández no esconden su impaciencia y sus ganas por poder entrar ya a vivir en la vivienda que proyectan desde el 2019 y autoconstruyen, desde un año después, en Vedra. «Nós, desde o comezo, o único que tiñamos claro foi o de construíla en palla. Tras asistir hai anos a cursos, de Enxeñería Sen Fronteiras ou de Espiga, a Asociación Galega para a Bioconstrución, e ver casas en palla noutros lugares, como en Cantabria, decidímonos. Tras valorar moito se rehabilitar ou construír, decidímonos ao final por isto último. Namoramos desta finca en Vedra e comezamos. O que pasou foi que, xunto a pandemia, chegaron anos de moitas chuvias e todo se foi retrasando. O primeiro verán colleunos mesmo sen a cuberta feita», lamenta Nati por teléfono, sin pasar por alto que, desde el principio, fue un proyecto vivo, con muchas modificaciones.
«Iamos atopando dificultades ás que buscabamos solución. Foi de moita axuda traballar co arquitecto Miguel Serrano e co aparellador Roberto Roget. Escoitan moito. Xunto a eles, foi máis sinxelo darlle forma e ver que a vivenda que imaxinabamos era posible», estima Breogán.
«Dende o comezo foi un proxecto en común, con xornadas de traballo e encontros nos que familiares, amigos, veciños e persoas sensibilizadas coa bioconstrución, sumaron. A comunidade de La Garma, en Llanos de Penagos, Cantabria, axudou a alzar os primeiros muros; Rikki Nitkin, de Logroño, deunos a seguridade do coñecemento e a súa experiencia. Logramos converter isto nun recuncho onde compartir e difundir, tamén sobre vivenda», reflexiona desde el enclave, repasando, junto a Miguel y Roberto, las características de una de las pocas casas de balas de paja de Galicia. «A min o emprego de materiais naturais non me era ademais descoñecido. Eu crieime nunha casa de terra, levantada coa técnica do tapial, común en Monforte. Afectivamente era un tipo de construción que me lembraba a miña... Nati e máis eu sempre tivemos claro o de optar por unha vivenda que fose saudable para nós e para o entorno», subraya Breogán.
«Eu defendo que se pode construír con produtos o máis naturais posibles. Coa palla, que se empregou sempre, é moi fácil autoconstruír, algo que os donos da casa tiñan claro. As balas de palla, que se empezaron a empregar na construción en Nebraska, en EE.UU, estendéronse por Europa desde os 80 e a España chegaron no cambio de século. Anteriormente eu xa as empregara, aínda que en vivendas máis pequenas», explica Miguel Serrano ante una casa de 150 metros cuadrados y desde la que rebate las suspicacias que ese material aún puede levantar, también ante el lluvioso tiempo de Galicia.
«É certo que se deixas as balas de palla ao aire, en varios anos podrecen. Pero na vivenda non están así. A estrutura está revestida, pechada. Nela non entra a auga. Hai, ademais, como unha sobrecimentación. Unha fila de termoarxila separa o chan das balas», señala con el pie, mientras Breogán no niega que, al contarle el proyecto a la gente, para muchos es difícil no pensar en la fábula clásica de Los tres cerditos. «Na casa relatamos outro conto, que mesmo mercáramos antes de ter fillos. É o de Las tres cerditas y la inspectora medioambiental —a loba—, escrito por unha autora que reside en Cáceres. Nesa historia, que lle dá a volta á clásica, as protagonistas aprenden técnicas de construción ambientalmente axeitadas… Os meus fillos xa din que os tres porquiños non sabían autoconstruír», bromea Breogán, quien, tras formarse y trabajar como educador social, cambió a la carpintería, algo que le ayudó también con su casa, cuya obra iniciaron en agosto del 2020.
«A vivenda é peculiar xa desde abaixo, ao estar nun terreo en desnivel. A estrutura levantouse con muros ciclópeos [realizados con grandes piedras con argamasa], neste caso, de cal e pedra. Iso é a estrutura de cimentación; non se empregou formigón convencional neles», subraya Miguel Serrano. «Sobre os muros hai un forxado de madeira, unhas vigas, que soportan a casa. A partir de aí, é cando, realmente, comeza o de palla. Hai vivendas nas que a propia palla é estrutural, aguanta todo, pero neste caso, e ao ser ademais grande, cunha planta engadida enriba, optamos como elemento base pola madeira para estar máis seguros», aclara, mientras los tres pasan al interior, donde, en un espacio único, se plantean salón, comedor y cocina. Hay además cuatro dormitorios y, en una planta superior, otro espacio común. De forma anexa, estaría un taller o espacio de usos múltiples, y ya en la otra fachada, posterior y baja, «como unha adega».
Dentro del espacio principal, Breogán coge un mazo en una de las pocas zonas donde quedan a la vista balas de paja, y relata el proceso de autoconstrucción. «Entre unhas chapas de madeira, abocamos a bala no oco. Logo, para conseguir fondura e deixala enrasada co zuncho, empregamos a maza. As balas teñen que ir a presión para que quede o muro compacto. De feito, á vez que lle damos os golpes, retumba todo. A bala encolle, pero ata certo punto. Unha vez comprimida, sendo ríxida, tamén fai de sostén da madeira. Todo o conxunto é o que resiste», remarca, ahondando Miguel Serrano en las bondades del material. «A palla é moi boa como illante, pero coa vantaxe de que as balas teñen un espesor de ata 45 centímetros… Os materiais que lle engadimos, como barros ou cales, regulan ademais tamén a temperatura, a humidade... Axudan a que este sexa un espazo moi confortable hidrotermicamente», destaca el arquitecto, admitiendo ciertos condicionantes —«Respecto á mentalidade da construción convencional»— que conlleva optar por ese material. «Hai que ir coas estacións do ano; non hai disposición a diario, coma se se pedisen palés de ladrillos. Outra cousa é o tamaño, atopándose con máis facilidade balas grandes. Estas, máis pequenas, de 75 e 110 centímetros de longo, viñeron de Palas e de León. Despois, segundo a forma que teñan, poden obrigar a reconfigurar os montantes do muro. Hai que comprobar que teñan boas condicións de presión, que non teñan humidade interior. Débense almacenar nunhas zonas separadas do chan e ventiladas. Unha vez colocadas en obra, e revocadas, non hai problema. Salvo por estas limitacións, coa palla son todas vantaxes», aclaran, sosteniendo Miguel Serrano que haber apostado por ciertos materiales «non supón un hándicap á hora de obter a cédula de habitabilidade».
Sobre todo en estos tiempos de encarecimiento en la construcción y vivienda, no obvian además lo que supone optar por esos materiales y por la autoconstrucción. «Para tódolos muros o que gastamos en palla non supera os 1.800 euros. Para a base da estrutura, optamos por unha madeira verde, máis económica, non chegándose aos 4.000 euros. A madeira laminada dos forxados e da cuberta subiu aos 17.000 euros», razona Breogán. «Sobre todo é de valorar o que supón de aforro ao ter en conta, comparado cun cerramento de envolvente convencional o que implicaría igualar as propiedades do illamento deste sistema», reflexiona el aparejador Roberto Roget, quien admite que también trabaja en otra casa con balas de paja en Miño y en otra, aún en fase de cimentación, en A Estrada.
«A autoconstrución tamén é cada vez máis común en Galicia. Aínda así, non todo o mundo vale. Hai que pensar se es capaz, se tes gañas, se non te quedas estancado...», reflexiona Miguel Serrano, reconociendo el esfuerzo y tesón de Nati y Breogán, quienes tratan de sacar todo el tiempo que pueden para trabajar en su futura casa.
«É de valorar que Breogán e Nati quixeran ser coherentes e respectuosos co proxecto ata o final, innovando tamén por iso. Un residuo de obra, mesturado con cal, reutilizouse como illante…», estima Roberto Roget, comparando, desde la adega posterior, alguna solución. «O único sitio onde se empregou cemento foi nunhas zapatas que levantan este muro. Antes de que houbese saída de augas, esta estancia anegouse por fortes chuvias e mentres que a zapata tivo humidade durante un mes, o muro de cal, polo que se apostou na casa, xa a liberara en quince días», realza.
De nuevo desde la entrada del terreno, donde ya se instalaron unos paneles solares, Breogán avanza que la suya será una casa desconectada. «Nati é, entre outras cousas, electricista de formación. Aínda que non foi quen fixo a instalación dos paneis, si foi quen se encargou dos debates no tema. Ao comezo valoramos ter subministración tradicional, pero ao non haber poste na contorna, xa nos decidimos», aclara, compartiendo otra ilusión común. «Algo que nos gustaba moito era pensar que no momento no que a casa xa non nos servira, ou por termos que mudar, saber que, ao quitarlle a cuberta, case a totalidade dos materiais podrecerían e serían absorbidos polo terreo. Pódese dicir que é unha casa biodegradable», asegura Breogán. «Aínda así hai que pensar en que vai durar toda a súa vida. Nós e os nosos fillos viviremos aquí», estiman, aclarando que en la actualidad los trabajos en la casa se centran en los suelos, techos, cierres, ventanas y puertas. «A nosa idea é que estea lista o ano que vén, e xa poder entrar a vivir», anhelan.