O Breogán suspende a mostra fotográfica Imaxes con acento meco

Leticia Castro O GROVE / LA VOZ

AROUSA

A mostra ía celebrarse na Casa da Cultura Lueiro Rey
A mostra ía celebrarse na Casa da Cultura Lueiro Rey MONICA IRAGO

As obras e a coincidencia coa exposición dos premios de pintura Ernesto Goday impiden a súa celebración ata o ano que vén

14 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O club Breogán suspendeu hai uns días a exposición fotográfica Imaxes con acento meco, programa na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. A inauguración da mostra coincidiu, desafortunadamente, co último tramo de obras na cuberta do edificio, o que obriga a mantelo pechado ata novo aviso para poder rematar a reforma con seguridade.

A exposición, na que participan os autores Paco Luna, Ana Gondar, José Luiz Oubiña e Samuel Arnoso, deberá pospoñerse ata o ano que vén, xa que nas últimas semanas do ano, o espazo ten que acoller as obras finalistas do premio de pintura Ernesto Goday, e non quedaría oco para levar a cabo a actividade.

A entidade lamenta a desafortunada coincidencia, pero asegura que buscará novas datas para que os veciños poidan acudir e gozar das instantáneas, xa que esta mostra, que alcanza a súa terceira edición, ten unha gran acollida por parte do público grovense.