O belén artesanal de Valga chega ao hospital de Compostela

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

Os voluntarios traballando na posta a punto do belén no vestíbulo do Hospital de Santiago
Os voluntarios traballando na posta a punto do belén no vestíbulo do Hospital de Santiago

O nacemento pode verse no vestíbulo e na área de Pediatría do Clínico de Santiago

11 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O belén artesanal de Valga traslada a súa ilusión a Compostela. Dende onte, no vestíbulo e na área de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago poden verse dúas pequenas réplicas do nacemento que cada ano fan posible os membros da asociación Amigos do Belén. Trátase do segundo ano consecutivo no que o colectivo colabora co centro médico compostelán para que os pacientes, especialmente os máis pequenos, non estrañen o Nadal. Nel están representados tamén o hospital e o seu persoal.