«O humor é a miña vida, paréceme algo fundamental»

marina santaló

A ILLA DE AROUSA

O actor estará hoxe na llla no ciclo "O mar nunha flor"

21 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 21 horas • 5 euros entrada anticipada, 7 en billeteira • Auditorio de A Illa • Federico Pérez comezou en series como «Mareas Vivas» e películas como «Mar adentro» como filólogo. Entrou así nun mundo que, agora, é a súa vida. Monologuista e actor, estará hoxe en O mar nunha flor.

-¿Qué vai atopar o público que asista hoxe ao auditorio de A Illa?

-Vaise atopar cun repaso da historia do nacemento de Galicia. Da vida de Breogán. Todo nun ton cómico. Falarei tamén da forma de ser dos galegos, de como nos comportamos. Hai un montón de actitudes que nós definen e que son perfectas para parodiar. Tampouco faltarán símbolos como as tabernas, templo de reunión dos nosos veciños.

-¿Servirá tamén para reivindicar unha cultura propia?

-Non levo proclamas pero para min é unha sorte vivir nun lugar cunha identidade propia. Cunha ironía, unha retranca que se reflexa na actuación.

-¿Qué importancia ten o humor na súa vida?

-É a miña vida, a miña máxima. Unha forma para enfrontar e xestionar o día a día. Paréceme fundamental tomarse a cousas co mellor humor posible.

-Un labor que mestura coa interpretación, ¿cal prefire?

-Son formatos diferentes e teñen metas distintas pero o proceso é o mesmo. Unha exposición pública, na que o monólogo non deixa de ser unha forma de interpretación. Non podo elixir, quedo co conxunto.

-¿Onde queda o filólogo?

-O filológo está no día a día. En casa. En canto ao traballo sempre poder servir para poder aportar algo máis.