Moito sabor no último suspiro de agosto

m.santamaría-serantes / r.e. VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

Martina Miser

Valga, a Illa de Arousa e Cambados acollen celebracións gastronómicas

31 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Agosto remata hoxe e con el os meses típicos do verán e as festas a eles asociadas. Pero non por iso o final ía estar falto en sal, senón que as festas despídense polo alto con gastronomía de todo tipo. A costa da Arousa homenaxea a distintos pratos claves dunha boa comida galega: a tortilla, o polbo á feira, a caña e a anguía, nun fin de semana cargado de nubes.

A Illa de Arousa

Mil formas de cociñar. Hoxe e mañá, o polbo á feira é o produto da ría protagonista na recta final da Festa Gastronómica da Illa de Arousa. Na edición número 25, o polbo á feira terá un prezo de 11 euros, mentres que se o produto está feito ao estilo da Illa, é dicir con patacas e á prancha, o valor será de 13,50 euros. Aínda así, os que non sexan amantes de este animal mariño, tamén poden encontrar paellas, croquetas, zamburiñas, pementos de Padrón, filloas para o sobremesa, viño e bebidas. 

MONICA IRAGO

Valga

Ata mil tapas e mil cócteles. A edición número 34 da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga preséntase hoxe como unha cita imperdible para a xente da zona e os visitantes. Os tíckets venderanse a partir das nove e media da noite no Parque Irmáns Dios Mosqueira e ata cinco tipos de tapas serán as degustadas; o límite da venda é de mil unidades. Catro dos petiscos están feitos polo cociñeiro de Lalín, Álex García. Estas son o maki de anguía afumada, a anguía frita con pataca confitada, a ensalada de anguía escabechada e a fabada de anguía e lagostinos. A quinta tapa é a gañadora do premio do xurado na edición de 2023 da Ruta-Concurso Tapa a Anguía. Os cócteles de queimada tamén están feitos por Álex García e neste caso hai catro tipos: o mojito de caña de herbas, a caipiriña de queimada de caña branca, o daiquiri de fresa e caña tostada e a caña sunrise de produto branco. As tapas teñen un prezo de dous euros por unidade, mentres que os cócteles se venden a 1,50 euros. A maiores, a partir das doce da noite a queimada popular será repartida entre os asistentes de forma totalmente gratuíta.

Cambados

A tortilla con ou sen cebola. Este fin de semana celebrase San Ramón e San Roque en Castrelo, dúas festas que agora, grazas a Aires Novos de Castrelo, ten unha parte gastronómica o domingo, ás 12.00 horas. A tortilla pode ser con cebola, sen cebola, máis feita ou menos feita, pero no que todos estamos de acordo é en que este é un dos pratos estrela da cociña española. A directiva da asociación de mulleres rurais As Saíñas será a que elixa ao gañador. O que teña o mellor instinto á hora de facelas será o que reciba de premio unha sesión spa para dúas persoas. Costa Brava será o grupo encargado de amenizará a noite de hoxe, mentres que mañá será Banda de Música de Castrelo quen poña a nota musical ao medio día.