
O Arousa mídese ao Céltiga desde as 19 horas
01 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Arousa de Míchel Alonso pon hoxe punto final á pretemporada coa vista posta na estrea na Liga de Tercera RFEF a vindeira fin de semana. Faino visitando esta tarde o Salvador Otero, onde, a partir das 19 horas, se mide no Trofeo Concello da Illa de Arousa-Memorial Alejandro García a un Céltiga que vén de reforzar un xa de por si potente cadro de futbolistas de cara a escalar á, precisamente, Tercera RFEF o vindeiro ano. Míchel Alonso terá a derradeira oportunidade de facer probaturas sen puntos en xogo.