A Illa faise cunha parcela do Plan sobre Drogas destinada ao futuro pavillón de deportes
A ILLA DE AROUSA
![Luis Arosa, alcalde de A Illa](https://img.lavdg.com/sc/hT0-1RDpTSMVLOu-r1Uj-4hUgVA=/480x/2024/12/20/00121734707341720476568/Foto/A_20231013_182147004.jpg)
Trátase dun terreo de 511 metros cadrados situados en Testos que custou 10.300 euros
20 dic 2024 . Actualizado a las 16:12 h.O Concello da Illa de Arousa chegou a un acordo coa Delegación do Goberno para adquirir un dos terreos que están en mans do Plan Nacional sobre Drogas, froito das incautacións aos narcotraficantes. Trátase dunha parcela de 511 metros cadrados situados na zona cualificada como dotacional para usos deportivos situada en Testos. A compra ascendeu a 10.300 euros e supón o primeiro paso para que o Concello se faga chan que precisa, arredor de 3.000 metros cadrados, para construír un pavillón de deportes. O alcalde, Luis Arosa, di que está «encantado» con este acordo e anuncia próximas xestións cos propietarios da zona para seguir comprado terreos nesta zona. Logo chegará o momento de buscar financiamento para a nova infraestrutura e, entre tanto, na Illa deberán seguir usando o pavillón do colexio.