Harry, presidente do Céltiga: «É unha alegría. Unha meta que me marcara, chegar ao centenario do club en Terceira»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

Martina Miser

O ata a tempada pasada delegado do primeiro equipo salienta a calidade humana e futbolística do colectivo encabezado por Luis Carro

17 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

José Ricardo Dios, Harry, foi un dos varios integrantes do Céltiga que onte cumpriu coa súa obriga laboral sen desfacer a cama, dereitiño da festa rachada que comezaba á tardiña do domingo no céspede do Salvador Otero tras a consecución do regreso á Tercera RFEF seis anos despois. «Para min é unha alegría. Era unha meta que me marcara, chegar ao centenario do club na Terceira», di desde o pasado verán presidente da entidade da Illa de Arousa, cargo que asumiu por compromiso co Céltiga logo de case trinta anos como delegado do seu primeiro equipo. Agora, Harry só agarda poder redondear o soño cun partido co Celta de Claudio Giráldez o 26 de marzo do 2026, data na que se celebrará a efeméride. 

Con todo, agora o primeiro que lle pide o corpo a Harry é facer xustiza, e salientar o labor do corpo técnico e do cadro de xogadores de Luis Carro: «É un grupo moi unido, fixo o mellor fútbol da Liga e foi superior aos demais».