A exposición «Castelao grafista» xa se pode visitar no auditorio da Illa

La Voz A ILLA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

Martina Miser

Estará aberta neste lugar ata o 28 de agosto

22 jul 2025 . Actualizado a las 20:47 h.

O Concello da Illa de Arousa, ABANCA e Afundación inauguraron a mostra «Castelao grafista (facsímile)» no Auditorio Municipal da Illa de Arousa.

A exposición enmárcase na conmemoración no 2025 do Ano Castelao e pretende homenaxear ao intelectual rianxeiro. A mostra reúne reproducións da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao. Tamén se poderán ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.

Esta é unha escolma que reflicte a evolución de Castelao tanto no compromiso ético, social e político do artista, como nos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. «Castelao grafista (facsímile)» poderase visitar ata o vindeiro 28 de agosto, de luns a venres en horario de 9.00 a 20.00 horas e pódense achegar alimentos para a Federación Española de Banco de Alimentos.