Finalizan en A Illa as obras de arranxo da rúa costeira de As Rubas
A ILLA / LA VOZ
A ILLA DE AROUSA

As actuación desenvolvéronse durante o mes de setembro e supuxeron un investimento de máis de 30.000 euros
08 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello da Illa de Arousa anunciou onte a finalización, dentro dos prazos previstos, das obras na rúa As Rubas.
A actuación, que contou cun investimento de arredor de 31.000 euros, durou un mes e realizouse por fases, supuxo a renovación completa do firme dunha vía que transcorre en paralelo a costa e que conecta o centro da vila coa senda peonil que leva a Punta Cabalo.
O rexedor, Luis Arosa, salientou que as obras supoñen «a Illa dá un paso máis na modernización das súas infraestruturas viarias, atendendo ás demandas veciñais e garantindo un mellor mantemento das rúas municipais».
A actuación coincide co inicio a semana pasada dunhas actuacións de similar tipo na céntrica travesía Ramón Cabanillas.