Veciños da rúa Cabanillas da Illa critican as obras que se están a realizar na vía

La Voz A ILLA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

Martina Miser

Arosa explica que a solución que piden, baixar o nivel da calzada, non é posible debido a presenza de canalizacións

06 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Un grupo de veciños da rúa Ramón Cabanillas da Illa de Arousa denuncian que as obras que se están levando a cabo para reformar esta avenida non se corresponden co que o Concello lles prometera. Sinalan que hai tempo o propio rexedor, Luis Arosa, prometeralles poñer fin a un problema que está causando a filtración de auga ás súas vivendas, pero que as actuacións que se están a realizar non poñerán fin a esta situación.

Hai un mes comezaron as obras de reacondicionamento en Ramón Cabanillas, unha rúa moi céntrica e que o Concello considera que é unha das que necesitan unha renovación máis urxente. Unha opinión compartida por estes veciños, que opinan, non obstante, que o obxectivo destes traballos «es dejarlo exactamente igual que antes, sin resolver los problemas de fondo». Explican que nesta rúa o firme da calzada está a un nivel superior ao dalgunhas vivendas, as cales, por ese motivo, padecen filtracións. Arosa aclara que o que prometeu foi «estudar se se podía baixar o nivel», pero que nada máis comezar as obras concluíron que non era viable. «Pretenden que baixemos o nivel 50 centímetros, pero é que debaixo da rúa hai canalizacións, non podemos facer iso», explica o alcalde arousán, que tamén quixo apuntar que os que se queixan son solo unha parte dos veciños e que as filtracións son o resultado de obras particulares nas súas casas.