A Arousa saca peito do seu modelo turístico cos últimos datos de visitantes
A ILLA DE AROUSA
As cifras achegadas pola Mancomunidade apuntan a un outubro récord
22 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.No medio do debate na Arousa sobre se as medidas de control e redución da circulación de vehículos podería afectar ao turismo, o Concello recibiu os datos de visitantes ao municipio recollidos pola Mancomunidade do Salnés, que emprega o sistema de xeolocalización dos teléfonos móbiles para contabilizar o número de xente que pasa polos municipios da comarca. Segundo esta métrica, 3.098.090 de almas cruzaron as augas da ría para visitar A Illa entre xaneiro e outubro, o que supón un aumento do 7,73 % con respecto ao mesmo período no 2024. O mes de outubro foi sensiblemente mellor que o do ano pasado, pois observouse un aumento do 44,91 % no número de visitas. «Estes datos proban o acerto do noso modelo: conseguimos un crecemento histórico sen renunciar á calidade de vida dos nosos veciños», valorou o alcalde Luis Arosa.