O Xuven anuncia ter por fin toda a documentación para o visado de Morena
VILAGARCÍA / LA VOZ
CAMBADOS
O club confía en que hoxe mesmo poida estar en disposición de voar cara Cambados
05 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Esta mañá Bernard Morena debería saír da embaixada española en Costa de Marfil co seu visado selado para coller o primeiro voo desde a capital africana, Abiyán, con destino a Cambados. Niso confía a directiva do Xuven, que onte informaba de que, un mes despois, por fin ten toda a documentación en regra para que o seu á-pívot poida pisar e residir en chan español, perdéndose xa, no mellor dos casos, as dúas primeiras xornadas de Liga. O único bo é que será a Federación de Baloncesto de Costa de Marfil a que pague o voo.