A revista «Cen Follas» dá o salto á música e á fotografía 

La Voz CAMBADOS / LA VOZ CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

O novo número da publicación preséntase hoxe no pazo de Torrado de Cambados

27 ago 2021 . Actualizado a las 20:45 h.

A revista cultural Cen Follas presenta este sábado (19.30 horas no parque de Torrado de Cambados) o seu terceiro número, no que se inclúen varios artigos de investigación. Xosé Luís Pastoriza, Sindo Mosteiro, Emilio Xosé Ínsua e Iago Pillado inciden na importancica de Cambados como centro cultural e recuperan a memoria de importantes homes e mulleres na historia local.

No apartado dedicado a arte Jose Vaamonde, Javier Montero e Héctor Quintela céntranse en figuras da escultura contemporánea mentres que Bea Laya escribe sobre unha pintora ilustre.

Cen Follas incorpora unha nova sección dedicada á música e a difícil situación na que se atopa a raíz do covid, moderada por Patricia Hermida, e outra sobre fotografía, na que se inclúe unha reportaxe de José Romay.

A figura do poeta Ramón Cabanillas volve a estar presente cun cartafol no que colaboraron Xoán Antonio Pillado, Antonio Magariños Compaired, Manuel Núñez e Pepe Barro. A revista conta con outras colaboracións e seccións das que se falará no acto de mañá, no que non faltará a música a cargo de Isi Vaamonde, Bruno Barreirno e un convidado sorpresa.