Triunfo de alto valor do Concello de Cambados sobre o Helios (4-2)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Mónica Irago

Sergiy Nigeruk abriu e pechou o 4-0 que alfrombrou o éxito fronte ao conxunto zaragozano

03 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cambados restableceu o equilibrio na súa balanza de vitorias e de derrotas logo de superar 4-2 o Club Natación Helios na visita do conxunto zaragozano a terras galegas o pasado sábado.

Sergiy Nigeruk, xogador, capitán e técnico do equipo cambadés, volveu resultar clave. Impoñéndose 3-0 a Jorge Pérez e por idéntico resultado a Jorge Borra no inicio e no final do 4-0 co que o cadro local alfombrou o seu triunfo. Polo medio, cadanseu 3-1 de Santiago Otero ante Jorge Borra e de Andre Teixeira fronte a Marcelo Toledo, convertendo en secundarios os últimos dous emparellamentos, que Teixeira cedeu diante de Pérez (1-3) e Otero no seu man a man con Toledo (2-3). O Concello de Cambados ocupa o sétimo posto da División de Honor con catro partidos gañados e outros tantos perdidos.