Poxas a viva voz por San Antón da Modia

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

A tradición cumpríu coas pezuñas de porco, animais vivos e outras ofrendas ao patrón do gando

19 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O tempo solleiro foi un bo aliado para celebrar este sábado as tradicionais poxas de pezuños de porco, animais vivos e outras ofrendas feitas a San Antón co gallo das festas que organizan na Modia (Cambados). Logo da misa e da procesión do mediodía chegou ese momento que sempre acapara a atención dos focos: as poxas a viva voz e a man alzada, como se facían antes. Esta tarde haberá oportunidade de ver unha estampa similar nas festas de Cea (Vilagarcía) onde tamén veneran a San Antón.