O colexio Magariños de Cambados obtén melloras á espera da renovación dos aseos

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

MARTINA MISER

O centro vén de recibir un investimento de case 50.000 euros para renovar os falsos teitos, cambiar as luminarias e instalar unha rampla de acceso ao patio

07 feb 2025 . Actualizado a las 08:57 h.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o CEP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados con fin de supervisar as obras efectuadas no centro consistentes na reforma dos falsos teitos, a instalación de luminarias tipo led para diminuír o gasto enerxético e a instalación dunha rampla de acceso ao patio con piso antiesvaradizo de plaqueta para mellorar a accesibilidade do edificio. O orzamento desta actuación foi de case 50.000 euros.

Desde a Xunta destacan que, dende o ano 2011, levou a cabo actuacións por valor de preto de 500.000 euros neste centro educativo, se ben todavía quedan pendentes algunhas melloras como as que afectan a uns aseos moi antigos.