O folk da ETRAD pecha este sábado o ciclo Cultura ao Quente de Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

O cambadés Xaquín Xesteira é mestre de gaita na ETRAD
O cambadés Xaquín Xesteira é mestre de gaita na ETRAD Martina Miser

A actuación será no auditorio, ás 19 horas, con entrada gratuíta

14 feb 2025 . Actualizado a las 10:21 h.

A actuación da Escola Municipal de Música Tradicional (ETRAD) porá este sábado 15 o broche ao ciclo Cultura ao Quente que organizou a concellería de Cultura de Cambados para os dos primeiros meses do ano. A actuación será ás 19 horas no auditorio municipal da Xuventude con entrada gratuita.

A ETRAD foi no seu día, 2009, unha iniciativa innovadora promovida polo Concello de Vigo para a protección, ensino e difusión da música patrimonial galega, na procura da súa evolución e mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.

SonDeSeu, Treixadura, Berrogüetto, Entre Trastes, Pärbo, Caldo, Fixe trío, Xosé Liz project, San Simón Fiddle Orquestra, Lizgairo, A Buxaina e Linho do Cuco? son algunhas das formacións e artistas que teñen sido ou son parte do elenco de mestres. Entre eles está, tamén, o cambadés Xaquín Xesteira, mestre de gaita e xefe de estudos no centro.