
Constará de oito sesións e estará impartido por Carlo Tizón
18 feb 2025 . Actualizado a las 19:48 h.Regresan as sesións de Mindfulness a Cambados. «Debido á gran acollida, demanda e o interese suscitado por esta disciplina na sua primeira edición, ofrecemos, un ano máis, este obradoiro á veciñanza», segundo informa a concelleira de Igualdade, Mar Pérez.
Carlo Tizón será de novoquen dirixirá este obradoiro de oito semanas de duración, que comezará o luns 10 de marzo en horario de luns ou mércores de 20.30 a 21.30 horas, con dous grupos. Previamente, o luns 24 de febreiro ás 20.30 horas no salón Peña, celebrarase unha charla co obxectivo de achegar información a cerca desta técnica de meditación. As inscricións poden facerse a través do correo electrónicon igualdade@cambados.es.