A banda Sons e Soños actúa este domingo en Cambados 

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

CEDIDA

Será a partir das 18 horas no salón Peña con entrada de balde

19 feb 2025 . Actualizado a las 18:54 h.

O Conservatorio Profesional de Música de Cambados continúa co seu calendario de actividades conmemorativas polo seu 20 aniversario cunha cita moi especial. A Banda de Música Sons e Soños, integrada por músicos dos concellos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol (Lugo) e dirixida por Armando Morales Blanco, ofrecerá un concerto no salón José Peña este domingo ás 18 horas para celebrar o Día de Rosalía de Castro. A entrada é libre ata completar aforo. «Un evento único que combina música, cultura e tradición galega, reafirmando o compromiso do conservatorio coa difusión do patrimonio musical e literario de Galicia», sinala a organización.