Sabela Fole presenta candidatura para substituír a Luis Aragunde ao fronte do PP de Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Martina Miser

O congreso local terá lugar o 22 de marzo e a concelleira iniciará de inmediato a recollida de avais entre os militantes

22 feb 2025 . Actualizado a las 18:33 h.

A voceira municipal do PP de Cambados, Sabela Fole, presenta a súa candidatura á presidir a agrupación local dos populares no quinto Congreso Local, que terá lugar o 22 de marzo. A concelleira anuncia que vai comezar de inmediato co proceso previo de recolección de avais entre os militantes de Cambados —esíxense un mínimo de 25— durante os próximos dez díaz para que o Cómite Organizador do Congreso valide a súa candidatura e poida concorrer á presidencia do PP local.

De superar este trámite, e con independencia de se concorre ou non algunha outra candidatura, Sabela Fole ten previsto realizar unha campaña electoral interna para explicarlle aos integrantes do partido o seu proxecto orgánico e tamén institucional no ámbito municipal antes de presentar aos integrantes da xunta local, que conformarán o comité executivo do PP cambadés.

Sabela Fole, nada en Cambados en 1978, é abogada de profesión e na actualidade traballa como xefa de gabinete da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. É concelleira de Cambados desde o ano 2019 cando concorreu de número dous na lista encabezada por Luis Aragunde e asumíu a candidatura popular nas eleccións de 2023. Entre os seus cargos figura o da vicepresidencia da Mancomunidade do Salnés e, no ámbito orgánico, é integrante do Comité Executivo do PP Provincial. «Agora iniciamos un importante proceso interno e o afronto coa intención de seguir fortalecendo, renovando e ampliando a base social do noso partido en Cambados, que é claramente o preferido polos cambadeses, para acadar unha rotunda maioría absoluta no ano 2027 e acabar con estes doce anos nefastos e co actual desgoberno do Concello», manifesta Fole, que tivo un agradecemento especial con Luis Aragunde, actual presidente local desde o ano 2014. Sobre o exalcalde, Sabela Fole sinala «quen foi o que me trouxo a este apaixoante mundo e me foxe ver desde o principio que o máis importante é atender aos veciños e tentar mellorar cada día a súa calidade de vida».