A comisión da Divina Pastora cancela os fogos artificiais para «previr e apoiar»

María Santamaría / S. G. CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

A romaría terá lugar este fin de semana cunha desafortunada novidade

22 ago 2025 . Actualizado a las 20:13 h.

Este fin de semana celebrase en Cambados, como todos os anos, a romaría da Divina Pastora, pero cunha desafortunada novidade. Dende a comisión de festas comunican que por mor da situación que está a vivir Galicia cos incendios decidiron non botar ningún tipo de fogos artificiais, aínda que valoraron reducir a carga ou lanzalos dende o peirao. Os organizadores comentaron a seca situación das árbores do monte da Pastora e din querer «previr calquera desgraza e apoiar aos que están perdendo todo por mor do lume».