Cambados é o varadoiro da Dorna de bronce

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

O trofeo celebra aos gañadores da competición de dornas a remo Desafío Arousa

15 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Membros das asociacións de embarcacións tradicionais A Torre e Dorneiros Rejateiros fixeron entrega a Samuel Lago, como depositario, do trofeo Dorna de bronce co que foron premiados pola súa vitoria na duodécima edición do Desafío Arousa. A competición de dornas a remo, na que o equipo cambadés acadou o primeiro posto por terceiro ano consecutivo, celebrouse a semana pasada en O Grove. É costume que o galardón sexa custodiado de ano en ano polo Concello gañador da carreira, pero dada a hexemonía vivida nos últimos tempos, é xa habitual atopalo exposto nas vitrinas do de Cambados.